ADEGA advirte do perigo de inundacións por mor das obras do Porto do Molle
Published xaneiro 9th, 2007 in
A Asociación para a Defensa Ecoloxíca en Galiza (ADEGA) denuncia que as obras de construcción do polígono industrial de Porto do Molle, e en fase de explanación, está destruindo a última zona húmida- subhúmida e boscosa asociada a ela neste concello. O polígono promovido pola Autoriade Portuaria de Vigo e o Concello de Nigrán afecta a unha zona de grande valor ecolóxico na beira do río Muíños, hábitat de numerosas especies de aves acuáticas.Segundo publica ADEGA, esta zona debido ás súas características físicas, chá e surcada por multiples regatos afluentes do río Muíños, é inundable e asolágase periodicamente coas chuvias, e polo tanto non debera autorizarse a construcción de Polígonos industriais e comerciais, nin outro tipo de urbanización que alterara a sua función natural.
As inundación en Sabarís puxeron en entredito as actuacións urbanísticas levadas a cabo polo concellos e a administración. A construcción da estrada do litoral que bordea o exterior de Sabarís, pasou a converterse nun enorme dique de contención do curso do río Groba.
Unha mala política de xestión e planeamento que provocou que o río recuperase de novo o seu cauce nos momentos de enchentas, como os rexistrados no mes de outubro por mor das choivas e o lumes do pasado v
No Polígono de Porto do Molle está previsto a construcción de zonas industriais, comerciais e de ocio, o que supón sacrificar un dos últimos espazos naturais do Concello aínda sen urbanizar.
ADEGA denuncia e advirte que como consecuencia das escorentías da esplanación, o río xa vai cheo de area e terra, como se pode ver na canle e na saída da auga do vello muíño que está río arriba do treito afectado.
Dadas estas circunstancias, ADEGA pregúntase canto tardará en haber en Nigrán inundacións e desfeitas nas zonas actualmente urbanizadas, en Praia América e mesmo na autoestrada que atravesa o río e discorre un treito o seu carón.
ADEGA solicita a Autoridade Portuaria ou o Concello dar unha resposta a estes novos perigos.
Con respecto ás recentes declaracións de Emilio Pérez Touriño sobre o urbanismo, apostando por un urbanismo para vivir e non para especular, ADEGA valora positivamente estas propostas, pero falta levalas canto antes á prática.
Adega denuncia qe hai numerosas leis mediambientais vixentes que se están a incumprir, e que só queda aplicalas para evitar os impactos destas agresivas actuacións. Engade que o brutal recheo que se amosa neste caso é unha mostra da situación de insustentabilidade na xestión do teritorio en Nigrán.
chúzame -
2 Responses to “ADEGA advirte do perigo de inundacións por mor das obras do Porto do Molle”
Please Wait
Leave a Reply