A Xunta obrigará os concellos a reservaren solo para vivenda pública
Published xaneiro 3rd, 2007 inAínda no caso de que o equipo de goberno dun Concello non concorde co proxecto, a Xunta resérvase un mecanismo para obrigarlle á recualificación do solo para a construción de vivendas protexidas. A posibilidade, que xestionará a Consellería de Vivenda, e incluída na Lei de Medidas Urxentes en materia de Ordenación do Territorio, presentouna este martes a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride.
O goberno poderá deste xeito usar plans e proxectos sectoriais "de incidencia supramunicipal" para levar a cabo actuacións de transformación urbanística de solo que teñan por finalidade "a construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública".
A conselleira explicou deste xeito que o executivo pretende axilizar a declaración de vivenda pública, que será considerada infraestrutura de interese social, reservándose este dereito de intervención sobre as actuacións urbanísticas dos propios gobernos municipais. A modificación lexislativa que se introducirá, permite así que a Xunta leve adiante iniciativas de vivenda pública aínda no caso de que o pleno do Concello non aprobe o proxecto. Con todo, a responsábel de Política Territorial descartou que ese estremo vaia producirse con frecuencia e prognosticou que haberá unha colaboración eficaz entre a administración autonómica e a local.
chúzame -
0 Responses to “A Xunta obrigará os concellos a reservaren solo para vivenda pública”
Please Wait
Leave a Reply