Archive for Xaneiro, 2007
O rexedor afirma que sairá absolto da denuncia penal presentada polo fiscal
0 Comments Published Xaneiro 20th, 2007 in
Alfredo Rodríguez Millares mostrou onte a súa convicción de que o xuíz arquivará a denuncia penal que presentou o fiscal o pasado mes de novembro, logo de catro meses de investigacións sobre as compras de terreos que levaron a cabo durante o período de redacción do Plan Xeral.
Polo momento, o xulgado mantén abertas as dilixencias e ata solicitou ao ministerio público que achegue nova documentación que apoie a acusación dun presunto delito de tráfico de influencias e de información privilexiada sobre determinadas parcelas que ían incrementar o seu valor coa entrada en vigor da nova achaiadura.
chuzame - Alfredo Rodríguez non acudirá aos próximos comicios municipais
0 Comments Published Xaneiro 19th, 2007 in
A presión social exercida ao redor do conflicto urbanístico en Nigrán e a denuncia penal presentada pola fiscalía por un presunto delito de "tráfico de influenzas" apuntan a ser os motivos máis plausibles da renuncia do actual rexedor do concello de Nigrán.
Alfredo Rodríguez anunciou o pasado venres que non se presentará como próximo candidato ás eleccións municipais arduindo un acto "de responsabilidade política cara aos seu partido".
chuzame - Una denuncia de 800 folios por supuesto tráfico de influencias
0 Comments Published Xaneiro 18th, 2007 inLa denuncia penal contra el regidor y los cinco ediles de Nigrán presentada por la Fiscalía está recogida en casi 800 folios. El fiscal de Ordenación del Territorio adscrito a Vigo concluyó con la judicialización del caso su trabajo en este caso, que ha recaído ya en otro fiscal de sala desde que el Juzgado de Instrucción número 7 se hizo cargo de las diligencias.
Una vez que concluyan las diligencias en marcha, el juez determinará si se procesa a los denunciados o, en caso de que no considere suficientemente probadas las imputaciones, se archivará el caso.
Polémica compra de terrenos
La Fiscalía inició la investigación sobre el urbanismo de Nigrán tres semanas después de que los vecinos impidieran la aprobación del PXOM, al conocerse la compra de terrenos por parte de determinadas personas. La denuncia se presentó tras una larga investigación sobre los movimientos económicos de los integrantes del gobierno local y de las operaciones de compra de terrenos durante la redacción del PXOM.
chuzame - ENTREVISTA RAMÓN LUEJE
O PAIS. P. L. - Santiago - 15/01/2007
O director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje (Avilés, 1958), lidera a loita contra a presión inmobiliaria na costa, con medidas como a prohibición de construír a menos de 500 metros do mar. Agora anuncia límites contra o expansionismo urbano que propoñen moitos concellos e censura a existencia de alcaldes con intereses na promoción e construción de vivendas.
"Ser alcalde e, á vez, promotor e constructor inmobiliario non me parece ético nin estético"
chuzame - Urbanismo limitará o crecemento demográfico dos concellos
0 Comments Published Xaneiro 15th, 2007 inA Directrices de ordenación territorial marcarán "o limiar" da expansión urbana
O PAIS . PABLO LÓPEZ - Santiago - 15/01/2007
A Xunta está decidida a acabar coas previsións de crecementos demográficosdesmesurados que aparecen en moitos plans xerais que lle presentan os concellos. Para poñerlles coto, a Consellería de Política Territorial establecerá criterios obxectivos que permitan limitar os desenvolvementos que considere injustificados. A ferramenta que empregará para iso serán as Directrices de ordenación territorial, un documento que se atopa en fase de redacción e cuxo avance presentará o departamento que dirixe María José Caride antes de que finalice o ano.
chuzame - O xuíz pide novos informes urbanísticos ao Seprona sobre o Plan Xeral de Nigrán
0 Comments Published Xaneiro 11th, 2007 in
O titular do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo ha dictado dous novos autos no caso da denuncia penal presentada o pasado mes de novembro pola Fiscalía contra o alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, e outros cinco edís do municipio durante a redacción das novas normas urbanísticas por suposto tráfico de influencias na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que se aprazou despois de que un grupo de veciños asaltasen o Concello para impedir a súa aprobación inicial.
chuzame - Un presunto narcotraficante quixo recalificar leiras no Plan de Nigrán
1 Comment Published Xaneiro 10th, 2007 inAlejandro Martínez | La Voz de Galicia
Un presunto narcotraficante comprou terreos en Nigrán durante a fase de redacción do Plan Xeral e supostamente tiña información privilexiada sobre o documento porque asegurou nunha nota dirixida ao Concello que consensuara a súa recualificación con concelleiras da corporación e o equipo redactor.
José Antonio Vázquez González está procesado por dous delitos contra a saúde pública e outro de branqueo de capitais, e formaba parte presumiblemente dunha banda que se encargaba de introducir en España cocaína procedente de países suramericanos.
chuzame - ADEGA advirte do perigo de inundacións por mor das obras do Porto do Molle
2 Comments Published Xaneiro 9th, 2007 in
A Asociación para a Defensa Ecoloxíca en Galiza (ADEGA) denuncia que as obras de construcción do polígono industrial de Porto do Molle, e en fase de explanación, está destruindo a última zona húmida- subhúmida e boscosa asociada a ela neste concello. O polígono promovido pola Autoriade Portuaria de Vigo e o Concello de Nigrán afecta a unha zona de grande valor ecolóxico na beira do río Muíños, hábitat de numerosas especies de aves acuáticas.Segundo publica ADEGA, esta zona debido ás súas características físicas, chá e surcada por multiples regatos afluentes do río Muíños, é inundable e asolágase periodicamente coas chuvias, e polo tanto non debera autorizarse a construcción de Polígonos industriais e comerciais, nin outro tipo de urbanización que alterara a sua función natural.
chuzame - La escasez de suelo y la cercanía a las playas dispara los precios en varias zonas de Baiona y Nigrán.
Faro de Vigo Iglesias Viqueira / BAIONA
El precio de los pisos nuevos en las principales zonas de veraneo de la comarca del Val Miñor parece no tener freno. La escasez de suelo en el casco urbano de Baiona y Nigrán, unido a la cercanía a las playas, elevan la cotización de la vivienda en estos dos municipios del litoral hasta cifras inaccesibles para la gran mayoría de la población, con unos precios similares a los de las zonas más caras de las grandes ciudadades como Vigo, Santiago y A Coruña.
chuzame - 