O alcalde exponse a outra demanda por ocultar información ao pleno
Published decembro 15th, 2006 in
O BNG dá unha semana de prazo para recibir os escritos relacionados co PXOM
A carta dun promotor puxo en dúbida a honorabilidade de todos os concelleiros
(A.M - La Voz de Galicia)
A petición do BNG para que o goberno municipal entregue todos os documentos relacionados co Plan Xeral caeu en saco roto.
O alcalde continúa negando esta información aos portavoces nacionalistas desde que llo pediron no pleno ordinario celebrado o pasado mes de novembro. O asunto é de suma importancia para esta agrupación política porque está en xogo a súa honorabilidade e a do resto dos concelleiros.
O portavoz, David Giráldez, descubriu na última sesión plenaria unha carta enviada ao alcalde por un promotor no que recordaba o compromiso asumido por toda a corporación e polo equipo redactor de recalificarle un terreo rústico.
Tratos de favor
A operación supuxese un trato de favor e o BNG non quere verse involucrado, posto que a descoñecía por completo. Por este motivo, esixe unha explicación aos promotores e ao alcalde que achegue toda a documentación deste tipo que entrou polo rexistro municipal con posterioridade ao período de
chúzame -
0 Responses to “O alcalde exponse a outra demanda por ocultar información ao pleno”
Please Wait
Leave a Reply