O alcalde de Nigrán declarou no xulgado de Vigo como imputado nun suposto delito urbanístico
Published decembro 1st, 2006 inO alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez Milleiros, prestou declaración no Xulgado número 7 de Vigo en calidade de imputado por un presunto delito contra a ordenación do territorio, segundo deu onte a coñecer o edil do BNG David Giráldez.
O fiscal especializado en temas urbanísticos, Juan Carlos Aladro Fernández , interpuxo unha denuncia contra o rexedor por un posible abandono de funcións ante as numerosas denuncias que desde o ano 2004 presentou un cidadán pola existencia dunha edificación ilegal situada no termo municipal.
>> Descargar documento - Citacion e denuncia Fiscalía caso Rouxo Priegue
O propietario dunha leira rústica obtivo no 2002 unha licenza para a construción dunha vivenda unifamiliar, que acabou convertendo nunha nave industrial destinada a unha carpintería de aluminio, unha actividade que está prohibida neste tipo de chan nas actuais normas subsidiarias.
O mandatario local terá que ser xulgado por este motivo e, no caso de que chegase a ser condenado, podería ter que responder co seu propio patrimonio.
chúzame -
3 Responses to “O alcalde de Nigrán declarou no xulgado de Vigo como imputado nun suposto delito urbanístico”
Please Wait
Leave a Reply