Your favorite left sidebar content goes here




O voceiro do BNG, David Giráldez, presenta no Pleno municipal un escrito de xaneiro de 2005 onde en nome de Moleon S.A. e CN S.L. fixeron unha proposta de Convenio Urbanístico para o PXOM sobre a parcela da súa propiedade nas Angustias na zona de debaixo dos depósitos de Condominguez.

En dito escrito faise mención a que a proposta de convenio foi consensuada coa Corporación Municipal, afirmación que, segundo David Giráldez é falsa, xa que él forma parte desa Corporación Municipal e tivo coñecemento deste asunto hai tan só uns días. Incluso en dito escrito chégase a afirmar a existencia do compromiso moral da Corporación de incorporar a parcela ao solo edificable do novo PXOM.

Tendo en conta que a Fiscalía denunciou ao Sr. Alcalde e a cinco concelleiros por suposto tráfico de influencias, escritos deste tipo presentados con posterioridade á exposición pública do Avance do PXOM, dos que alomenos o BNG non ten coñecemento, ademáis de confirmar que o PXOM elaborouse sen dar participación a todos os grupos municipais, contribúen a facer pensar na existencia do uso de información privilexiada e negociación prohibidas durante a elaboración do PXOM.

Neste caso a parcela á que fai referencia o escrito calificábase como solo rústico no Avance e aparecía como rústico no PXOM, pero podemos ter a seguridade de que esto foi sempre así?

Consulta o documento: Consulta o documento saneco_2.jpg

La voz de Galicia:

El BNG revela que el Plan de Nigrán era conocido por un empresario

Faro de Vigo:

El BNG aporta un escrito de posibles tratos urbanísticos en el Plan de Nigrán

Chuzame! chúzame -

0 Responses to “O voceiro do BNG solicita tódos os escritos que poderian facer pensar na existencia do uso de información privilexiada.”

  1. No Comments

Leave a Reply





3K2 theme by Hakan Aydin