Resposta ó Alcalde das AA.VV. “A Irmandade”, “Dunas”, “Seixos Negros…” ás gravísimas acusacións feitas sobre elas
Published outubro 28th, 2006 in ,Estupefactos quedamos ó abrir os periódicos e ver, nalgúns deles a toda páxina, unha “declaración oficial do Alcalde de Nigrán” como se fose a mensaxe da S.A.R. no Nadal, e a esperpéntica acción de quen chora a financiación para que os veciños poidan traballar polo interés xeral e gasta en dous días case 15.000 euros entre pleno Extraordinario e Urxente e anuncios no periódico. Pero non queremos centrar a atención neste particular, outros o farán…
Por segunda vez temos que aclararlle ó Alcalde de Nigrán públicamente que tanto a A.VV. “A Irmandade” de Priegue, “Dunas” de Nigrán, “Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Panxón e mesmo “A Unión” de San Pedro, definiron a súa postura respecto do PXOM e de cómo desbloquear a tramitación do mesmo en ASAMBLEA PÚBLICA, mediante votación que non deixa lugar a dúbidas debido á contundencia do seu resultado. Afirmar que estas asambleas, de participación pública e libre, están manipuladas polos grupos políticos é tan grave como cuestionarse a capacidade intelectual dos veciños, é como chamarlles estúpidos. Os mesmos veciños que maioritariamente rexeitaron o PXOM na histórica manifestación do 17 de xuño e reclamaban a súa dimisión, os mesmos que, tempo ó tempo, recordaranllo alá polo mes de maio cando teñan que coller unha papeleta e depositala na urna electoral. Pero do que afirma o Alcalde ainda se tira algo moitísimo máis grave, a súa verdadeira intención de despreciar ós que define como un grupo minoritario de veciños, que por discrepar con él, estaría disposto a machacar e castigar. Ese é o verdadeiro valor que temos para vostede, ningún. O Pleno Extraordinario Urxente foi unha provocación para buscar as protestas veciñais e suspendelo, intentando quedar así coma un mártir. Doutro xeito non se entende que no mesmo momento de sair lle entregue ós medios uns números do censo para xustificar o da minoría das AA.VV. Estaba todo premeditado. E falando de números, o seu partido, o PP, acadou 2517 votos nas últimas eleccións (nin sequera foi a lista máis votada, PSG-PSOE: 2769, PINN: 2530), na manifestación do 17 de xuño foron entre 3000 e 4000 veciños os que sairon á rúa, moitos déronlle o seu voto e hoxe están arrepentidos. ¿Quén está en minoría?. Do mesmo xeito que se lle pediu “por favor” para que suspendese o Pleno Extraordinario e Urxente, pedímoslle POR FAVOR que dimita, que os que queden xa se apañarán, que desapareza da vida pública deste Concello porque vostede xa ten demostrado a qué veu, cómo nos trata (e cómo trata ós seus, como lle dixo a vostede Aurora en Praia América) e que é incapaz de gobernar este concello. VAIASE SR. ALFREDO!!!!!!
A.VV. “Dunas” de Nigrán
A.VV. “A Irmandade” de Priegue
A.VV. “Arribas brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Panxón
chúzame -
1 Response to “Resposta ó Alcalde das AA.VV. “A Irmandade”, “Dunas”, “Seixos Negros…” ás gravísimas acusacións feitas sobre elas”
Please Wait
Leave a Reply