O PXOM É UN PROBLEMA QUE REQUIRE DA PARTICIPACIÓN DE TODOS.
Published outubro 26th, 2006 inO alcalde de Nigrán afirmou tal e como aparece recollido nos medios de hoxe o seguinte: "la mayor parte de los vecinos que protestaron en el salón de plenos forman parte de asociaciones "politizadas y manipuladas" por el grupo nacionalista. Asimismo, recalcó que los colectivos que piden la retirada (Priegue, Nigrán y Arribas Brancas) cuentan con un número de socios muy escaso, frente a las que aceptan modificar el documento existente (Parada, Camos, Chandebrito y Panxón), "que representan a un porcentaje importante de población".
1.- Manipuladas e politizadas non son as Asociacións Veciñais que reúnen ós veciños para decidir en asamblea a postura a tomar.
2.- As gravísimas consecuencias de entrar nas modificacións do PXOM tal e como fixeron Parada, Chandebrito, Camos e Panxón pagámolas TODOS. É unha enorme irresponsabilidade da que xa se lles advertiu en numerosas ocasións.
3.- Temos constancia de que moitas personas e colectivos están en contra deste PXOM e deben expresar a súa postura por escrito ante o alcalde e os medios de comunicación.
Esta foi a proposta que a A.VV. "Dunas" de Nigrán presentou no concello. Suxerímosvos que a suscribades ou fagades a vosa propia proposta e a introduzades por rexistro no concello, dirixida ó Alcalde-Presidente do concello de Nigrán, solicitándolle que traslade copia ós partidos políticos para que se teña en conta nas decisións a tomar no próximo pleno do 27 de outubro. Acto seguido podedes enviar unha copia á prensa.
Sabíamos de hai tempo que un dos argumentos do alcalde ían ser derribarnos polo número de socios, por iso se non lle quedou claro a postura dos veciños e veciñas de Nigrán na manifestación do 17X, debemos presentarlle cada un dos que alí acudimos un aluvión de escritos de rexeitamento do PXOM para que non lle quepa máis dúbida.
O PXOM É UN PROBLEMA QUE REQUIRE DA PARTICIPACIÓN DE TODOS.
As AVV estamos organizando unha recollida masiva de firmas para tal efecto, no que se engadirá outras solicitudes a este rexedor que falsea continuamente a realidade nos medios sembrando a discordia e o enfrentamento veciñal.
un saúdo.
chúzame -
0 Responses to “O PXOM É UN PROBLEMA QUE REQUIRE DA PARTICIPACIÓN DE TODOS.”
Please Wait
Leave a Reply