Archive for Setembro, 2006
As Asociacións de veciños solicitan un convenio de traballo para por en marcha un novo PXOM
0 Comments Published Setembro 7th, 2006 in
As asociacións de veciños do concello de Nigrán “A Unión” de San Pedro, “O Castro” de Chandebrito, “Dunas” de Nigrán, “Monteferro” de Panxón, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, A. VV. de Camos e a A. VV. Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo
Volven a reclamar ao equipo de Goberno do Concello de Nigrán un novo Planeamento Urbanístico, dado os nulos progresos que se están dando dende o concello para a resolución deste conflicto.
As asociacións de veciños recordáronlle ao alcalde o seu firme compromiso de traballar para acadar un Plan Xeral de Ordenación Municipal que responda ós intereses e valores dos veciños e veciñas do Concello de Nigrán.
chuzame - 