Histórica manifestación en Nigrán contra o PXOM
Published xuño 17th, 2006 in ,
A policía calcula que serían entre 3000 e 4000 o masnifestantes que discorreron pola Avda. Val Miñor de Nigrán manifestándose en contra do PXOM que quería aprobar o goberno de Nigrán.
Todos os representantes e veciños das parroquias de Nigrán acodiron hoxe en masa para pedir a dimisión de Alfredo Rodrgiuez e Avelino Fernandez.
Recortes prensa do día: A Manifestación dende a prensa
A manifestación de hoxe, senta un precedente na historia desta vila, a xente non recorda unha movilización así no concello.
A manifestación transcurriu pacíficamente, comezando puntual ás 21:00 da tarde tal e como estaba previsto. A xente reunida nas Angustias portaba cada ún a súa pancarta e pegatina onde se podía ler "Nigrán noutro plan"
No torreiro das angustias e na Avda. Val Miñor non quedaban xa prazas de aparcamento.
A manifestación coincidiu paradóxicamente cunha "festa andaluza organizada polo concello de Nigrán no torreiro das Angustias".
Unha mare de pancartas invadía as cabezas dos manifestantes.
O PINN de Avelino Fernande quería sumarse á cabeza da manifestación con pancarta en man.
A súa participación foille denegada dados os cambio de rumbo fronte o PXOM e ás contradicións do independente nestes últimos días.
Participación de gurpos de persoas dos concellos de Cangas, Moaña, Gondomar, Baiona, A Estrada,...
Un acto de civismo en toda regra que non precisou da intervencion da garda civil.
A policía local somentes actuou para despexar o tráfico dos 500 m do recorrido pola avenida principal deste concello.
As consignas que se escoitaron ao longo da marcha foron:
- Este PLAN non é para Nigrán
- Avelino rouballeiras, deixa en paz as nosas leiras
- Nin PINN nin PANN, vaite fora de Nigrán
- Na tribuna do Celta planeouse esta desfeita
- Alfredo xa é convicto de algún outro delicto
- Avelino, raposo, nin mires para o noso
E unha unánime e forte DIMISION ao final da marcha antes e despois de leer o comunicado das AAVV.
chúzame -
0 Responses to “Histórica manifestación en Nigrán contra o PXOM”
Please Wait
Leave a Reply