Os veciños e veciñas conseguen suspender a aprobación inicial do PXOM
Published xuño 3rd, 2006 inRecortes da prensa do día:
A protesta veciñal obtivo o seu propósito de paralización dun PXOM que implica a ruina de Nigrán e o beneficios duns poucos achegados ao goberno local.
- Rebelión na Marbella galega
- Os edís saíron do concello escoltados polos antidisturbios
- O alcalde culpa aos socialistas de fomentar a violencia veciñal
- Nigrán é o segundo concello cos pisos máis caros, logo do Grove
- A Xunta revisa os planeamientos de 50 concellos
- Urbanismo baixo sospeita
Ao final da mañá chegaron as forzas antidisturbios, que escoltaron ás autoridades locais ao saír do concello baixo unha choiva de pedras que lanzaron os manifestantes
Veciños de Nigrán asaltaron onte o salón de plenos da casa consistorial para impedir que o goberno municipal aprobase inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal. O alcalde, Alfredo Rodríguez Millares , do PP, quixo tomar o acordo plenario a porta pechada, pero finalmente tivo que ceder á presión veciñal debido a que tres concelleiros do seu equipo negáronse a votar nesas circunstancias.
Os concelleiros tiveron que saír do concello protexidos polas forzas antidisturbios baixo unha choiva de pedras -algunhas de gran tamaño- lanzadas por decenas de persoas furiosas por un planeamiento urbanístico que consideran que bloqueará o crecemento do municipio.
O pleno ía comezar ás nove da mañá e a esa hora todas as asociacións veciñais do municipio convocaran unha concentración de rexeitamento ao documento urbanístico.
Máis de mil persoas responderon á cita, pero a Policía Local só deixou entrar ao consistorio a 20, e tras habelos identificado previamente.
Esta medida de seguridade quentou os ánimos dos manifestantes, que comezaron primeiro a zarandear as fiestras e despois arroxaron pedras e romperon os cristais da estancia.
En vista do cariz que estaban tomando os acontecementos, aos poucos minutos de iniciarse a sesión, o rexedor decidiu interromper o pleno e encerrouse no seu despacho co resto dos membros do equipo de goberno. O PP posúe cinco concelleiros e goberna en coalición con outros cinco edís do Partido Independiente de Nigrán, fundado polo ex alcalde Avelino Fernández .
Alfredo Rodríguez quixo renovar o pleno a porta pechada, pero os concelleiros da oposición, cinco do PSOE e dous do BNG, decidiron non subir á oficina do alcalde e permanecer dentro do salón de plenos, situado na planta baixa.
Os membros do equipo de goberno intentaron negociar cos representantes das asociacións veciñais, pero non chegaron a ningún acordo porque o alcalde empeñábase en proceder á aprobación inicial para despois introducir as modificacións que fosen necesarias co fin de satisfacer as demandas dos veciños.
Este compromiso non contentou aos dirixentes veciñais, que pedían a suspensión do pleno e a redacción dun novo plan xeral que estivese consensuado con todos os colectivos.
Despacho do alcalde
Decenas de persoas encolerizadas quixeron acceder ao despacho do alcalde para impedir pola forza que o goberno tomase o acordo plenario. Unha barreira formada por máis de medio centenar de axentes da Policía Local e da Guardia Civil na entrada do consistorio impediu que lograsen o seu obxectivo. Os gardas municipais chegaron ata a empregar gases lacrimógenos en polo menos dúas ocasións para disolver aos manifestantes.
Catro horas despois, o rexedor viuse obrigado a asinar un decreto polo que suspendía definitivamente o pleno. Tres dos seus edís, Aurora Carbajal, Ana María Rial e o independente José Comesaña, negáronse a que se celebrar se a sesión nesa situación. Os veciños anunciaron que continuarán mobilizándose para impedir que o goberno aprobe un plan xeral que consideran inaceptable.
chúzame -
4 Responses to “Os veciños e veciñas conseguen suspender a aprobación inicial do PXOM”
Please Wait
Leave a Reply