Your favorite left sidebar content goes here


Archive for Xuño, 2006

logo PXOMVeciños e veciñas, amigas e amigos:

As AA VV estamos agradecidas por esta expresión pública e libre de rexeitamento deste Plan Xeral que se pretendía aprobar o pasado venres 2 de xuño. Sentímonos apoiados por todos e cada un de vós para seguir reclamando o que nos corresponde.

Hoxe, 15 días despois de daquela revolta que espallou o nome de Nigrán arredor do mundo, moitas cousas cambiaron. Saíu á luz moita inmundicia e os lobos xa empezaron a pelexar entre eles a dentadas.

Chuzame! chuzame -

ManifestaciónA policía calcula que serían entre 3000 e 4000 o masnifestantes que discorreron pola Avda. Val Miñor de Nigrán manifestándose en contra do PXOM que quería aprobar o goberno de Nigrán.
Todos os representantes e veciños das parroquias de Nigrán acodiron hoxe en masa para pedir a dimisión de Alfredo Rodrgiuez e Avelino Fernandez.

Recortes prensa do día: A Manifestación dende a prensa
A manifestación de hoxe, senta un precedente na historia desta vila, a xente non recorda unha movilización así no concello.

Chuzame! chuzame -

Alfredo Rodriguez MillarésA Voz de Galicia - Alfredo Rodríguez está disposto a concluír o seu mandato en minoría trala marcha do PINN.
O edil de Urbanismo, Carlos Quintas, tampouco está disposto a renunciar.

Os independentes avogan por unha reforma da Lei do Chan galego
«Paréceme estraño que todas esas propiedades teñan un reflexo non negativo no plan e entendemos que alguén ten que asumir estas responsabilidades», afirmou onte o portavoz independente, referíndose ás parcelas que foron compradas por tres directivos do Celta durante o tempo no que o alcalde de Nigrán exercía como director xeneral da entidade deportiva.

Chuzame! chuzame -

A voz de Galicia - Os socios do alcalde non admiten recualificacións arbitrarias de chan e asumen a protesta veciñalOs independentes dan de prazo ao alcalde, do PP, ata o venres para que presente a dimisión.

Reaccións: A oposición pide partir de cero
Os independentes: Avelino Fernández : «Non imos aceptar ningunha responsabilidade neste plan»

A polémica urbanística fai brincar polo aire o goberno de Nigrán. A noticia das recualificacións que ían beneficiar a tres directivos do Celta terminou provocando unha fractura entre os dous partidos que gobernan no municipio: o PP e o Partido Independente de Nigrán (PINN).

Chuzame! chuzame -

www.vigoempresa.comAvelino Fernández , o líder do PINN, partido en coalición có PP en Nigrán, pronunciou onte a súa postura ante o PXOM:
«Acabouse, non imos tolerar esta situación nin aceptar ningunha responsabilidade neste plan».

Avelino Fernande criticou onte en rolda de prensa a compra de parcelas por parte de xentes afins a Alfredo Millarés, e as recalificacións millonarias que ian sufrir esas parcelas no novo PXOM.
Asi mesmo, Avelino aseguraba que el personalmente e o seu grupo non tiveron nada que ver neste comportamento e queren «facer pública» a súa disconformidade co xeito de actuar do alcalde.

Chuzame! chuzame -

As AA VV de Nigrán convocarán para o próximo día 17 de Xuño ás 21:00 unha manifestación de protesta contra o PXOM "Por un PXOM xusto para todos e todas.

O rrecorrido será con saída no recinto de festas das Angustias ate o Concello de Nigrán (500 m), pero as AAVV queren extender a convocatoria a todos os municipos galegos en contra da especulación e marbellización da costa Galega.

Depois das últimas noticias sobre as posibles filtracións de información privilexiada sacadas a luz nestes días, ás AAVV non queren só a rectificación do PXOM prometida polo alcalde, o popular Alfredo Rodriguez, se non que agora piden claridade e transparencia para que se aclaren estes feitos, que consideran "moi graves" e nos que consideran que debe actuar a fiscalía de forma inmediata.

Chuzame! chuzame -

Alfredo Rodriguez MillarésO alcalde de Nigrán en declaracións aos medios anuncio a paralización inicial da aprobación do PXOM redactado e o intento de diálogo entre os distintos colectivos veciñais na búsqueda dun texto consensuado.
O cambio de postura do alcalde é recollido con certa esperanza a encauzar unha mesa de diálogo entre todos os colectivos implicados, máis as AA VV polo de agora non recibiron contestación algunha ao respecto.

O alubión de acusacións que implican directamente ao alcalde publicadas nestes últimos días na prensa parecen que serían a causa deste cambio de postura, onde Alfredo Rodriguez quere que a xente poida ver o futuro PXOM "con lupa y taquígrafo" e total "transparencia".
Ante a noticia as AAVV agardan por escrito o comunicado do goberno municipal para tomar decisións ante este novo rumbo.

Chuzame! chuzame -

logo PXOMAs AA VV rechazan as acusacións que afirman que as súas accións responden á unha manipulación política da oposición.
Reprochan a actitude dalgúns axentes da policía local que actuaron dun xeito desmesurado contra a vencindade, e denuncinan que algúns representantes veciñais foron intimidados onte nos seus domicilios por axentes locais.

Os respresentantes de todas as asociacións veciñais reuníronse onte no centro cultural de Camos. Foi o primeiro encontro, trala protesta popular do venres para impedir a aprobación incial do PXOM. A reunión, puxo de manifesto a unidade que existe no movemento veciñal.

Chuzame! chuzame -

Faro de Vigo - O alcalde e o seu goberno saíron do Concello escoltados por axentes antidisturbios.

Uns 500 veciños de Nigrán impediron onte o pleno do Plan Xeral de Ordenación tras unha protesta que acabou coa intervención das Forzas de Seguridade e lanzamentos de pedras e ovos contra o Concello. Cando os manifestantes intentaron acceder ao edificio, a Policía Local repelió a acción e usou gases lacrimógenos. Os veciños romperon fiestras, papeleras e vitrinas. O alcalde Alfredo Rodríguez e o seu goberno saíron escoltados polos antidisturbios.

Chuzame! chuzame -

About

You are currently browsing the PXOM Nigrán weblog archives for the month Xuño, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
  • (1)
3K2 theme by Hakan Aydin