Your favorite left sidebar content goes here




Alfredo Rodriguez MillarésO alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, asegurou onte que a súa intención ao remitir o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á Xunta sen debate previo cos seus socios de goberno e o resto da corporación foi a de "cumprir os trámites establecidos".Alfredo Rodríguez aclarou, "nin eu nin o edil de Urbanismo, Carlos Quintas, vimos o documento; só coñecemos as directrices xerais que fixamos entre ambos grupos de goberno ao comezo da lexislatura".

Asegurou Rodríguez que o equipo redactor entregou o documento ao concello o 9 de decembro e que foi enviado "o mesmo día" á administración autonómica para que valore a viabilidad da súa aplicación.

O regidor local, en resposta ás críticas realizadas polo portavoz do Partido Independente de Nigrán (PINN), Avelino Fernández, explicou que o Plan Xeral "non é aínda un documento político sobre o que debater, senón un texto técnico que será público para o goberno e o resto da corporación en conto vinga informado pola Xunta de Galicia".

Chuzame! chúzame -

0 Responses to “O alcalde de Nigrán rebate as acusacións fronte o PXOM”

  1. No Comments

Leave a Reply





3K2 theme by Hakan Aydin