Your favorite left sidebar content goes here




logo PXOMAs disidencias entre os socios de goberno de Nigrán -PP e PINN- increméntanse cada día. Xa non só aparecen en torno a proxectos puntuais como o porto deportivo de Panxón ou a residencia da terceira idade na mesma parroquia. A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) desata grandes discrepancias entre populares e independentes e ata no seo de ambos partidos. O portavoz do Partido Independente de Nigrán, Avelino Fernández, mostrou onte o seu malestar polo "secuestro" do Plan Xeral por parte do alcalde, Alfredo Rodríguez, e o concelleiro de Urbanismo, o tamén independente Carlos Quintas, o pasado venres, día 9.


Ningún membro do equipo de goberno nin da Corporación, agás o rexidor e edil de Urbanismo, coñece o planeamiento. O asunto resulta "unha desconsideración e un grave erro político que non favorece a harmonía entre os dous partidos do goberno" a ollos de Fernández. O independente cree que, polo momento, o plan é un documento político e por iso insiste en que todos os representantes dos veciños deben posicionarse sobre el e aportar as súas suxestións antes de que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte ofreza o seu informe.

Neste sentido, Fernández advirte de que "é posible que o documento veña informado e a Corporación rexéiteo". Isto non quere dicir, insiste o portavoz do PINN, que a formación independente non apoie o plan no seu día nin que a ocultación do mesmo ocasione unha ruptura do pacto de goberno. Polo momento, o independente reitera o seu desacordo coa forma de proceder do rexidor e Quintas, "non co fondo do plan porque non o coñecemos".

Sospeitas
No entanto, Avelino Fernández lanza sospeitas respecto de posibles intereses neste encubrimiento do plan. "Descoñezo se os partidos da oposición coñecen o documento, pero o pobo de Nigrán non o coñece. Non estou seguro de que non haxa determinadas persoas que si teñan información sobre algunhas actuacións", explica.

En relación ao seu compañeiro de grupo Carlos Quintas, o portavoz dos independentes afirma que "está actuando de costas ao partido". Ao seu xuízo, o edil de Urbanismo "debería reclamar a opinión da formación á que pertence". Por iso, anuncia que a xunta directiva do PINN reunirase en xaneiro para tomar medidas sobre a actitude de Quintas e á tramitación do Plan Xeral.

Chuzame! chúzame -

23 Responses to “A ocultación do Plan Xeral xera friccións no goberno de Nigrán”

  1. 1 BlogKripa
  2. 2 free movie
  3. 3 clothed female
  4. 4 erotic sexy lin
  5. 5 female hair los
  6. 6 black adult fil
  7. 7 noyabr virgin
  8. 8 noyabr teen
  9. 9 noyabr other
  10. 10 noyabr movie
  11. 11 noyabr milf
  12. 12 noyabr leg
  13. 13 noyabr interrac
  14. 14 noyabr hot
  15. 15 noyabr fuck
  16. 16 noyabr drunk
  17. 17 noyabr cheerlea
  18. 18 noyabr celebrit
  19. 19 noyabr ass
  20. 20 noyabr anal
  21. 21 noyabr adultk
  22. 22 noyabr adult
  23. 23 index

Leave a Reply





3K2 theme by Hakan Aydin