Avelino Fernández sospeita que hai especuladores no municipio
Published decembro 18th, 2005 in
O líder do PINN cre que non informar do documento á corporación foi un erro político
A. Martínez | nigrán
O portavoz do Partido Independente de Nigrán, Avelino Fernández, cualificou onte como «un erro político» a decisión do alcalde de remitir o plan xeral á Xunta para o seu informe previo sen dalo a coñecer antes aos membros da corporación. O líder do grupo da dereita máis votado de Nigrán afirmou que este feito «foi unha desconsideración cara aos corporativos e especialmente cara a nós, que somos os seus socios de goberno».
Avelino Fernández tamén sospeita que hai persoas con intereses inmobiliarios que posúen información concreta de determinadas actuacións previstas no futuro plan xeral.
No entanto, o PP seguirá contando co apoio do PINN no goberno de Nigrán, malia este feito que foi cualificado como «grave» por parte de Avelino Fernández. Tamén afirmou que o alcalde non vai por bo camiño e, preguntado pola posibilidade de que o regidor non conte coa maioría para aprobar o plan o próximo mes de abril, afirmou que todo pode suceder, posto que descoñece o seu contido.
Opinou que o plan xeral é un documento político e como tal os concelleiros terían que consensuar os seus directrices, independientemente de que conte con informes técnicos favorables da Xunta.
O PINN descoñece o plan xeral malia que o concelleiro de Urbanismo, Carlos Quintas, pertence a este partido. Avelino afirmou onte que este representante está actuando de xeito persoal e de costas ao seu agrupación política. «Creo que nun asunto tan serio como este debería de consultar a nosa opinión», declarou.
Avelino recordou que cando el foi alcalde consensuáronse as actuais normas subsidiarias parroquia por parroquia.
A decisión do alcalde e do edil de Urbanismo de non compartir nin un só detalle do plan xeral e remitilo directamente á Xunta tras recibilo do equipo redactor non sentou ben ao resto dos membros da corporación, e ata do propio goberno municipal. O alcalde chegou ata a esconder o documento nun caixón baixo chave o pouco tempo que estivo depositado no Concello.
A edil do PP, Aurora Carbajal, afirmou onte que foi «un mal proceder» e, na súa opinión, todos os concelleiros, incluídos os da oposición, deberían coñecer a oferta.
chúzame -
1 Response to “Avelino Fernández sospeita que hai especuladores no municipio”
Please Wait
Leave a Reply