Archive for Decembro, 2005
O alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, asegurou onte que a súa intención ao remitir o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á Xunta sen debate previo cos seus socios de goberno e o resto da corporación foi a de "cumprir os trámites establecidos".Alfredo Rodríguez aclarou, "nin eu nin o edil de Urbanismo, Carlos Quintas, vimos o documento; só coñecemos as directrices xerais que fixamos entre ambos grupos de goberno ao comezo da lexislatura".
Asegurou Rodríguez que o equipo redactor entregou o documento ao concello o 9 de decembro e que foi enviado "o mesmo día" á administración autonómica para que valore a viabilidad da súa aplicación.
O regidor local, en resposta ás críticas realizadas polo portavoz do Partido Independente de Nigrán (PINN), Avelino Fernández, explicou que o Plan Xeral "non é aínda un documento político sobre o que debater, senón un texto técnico que será público para o goberno e o resto da corporación en conto vinga informado pola Xunta de Galicia".
chuzame - A ocultación do Plan Xeral xera friccións no goberno de Nigrán
23 Comments Published Decembro 19th, 2005 in
As disidencias entre os socios de goberno de Nigrán -PP e PINN- increméntanse cada día. Xa non só aparecen en torno a proxectos puntuais como o porto deportivo de Panxón ou a residencia da terceira idade na mesma parroquia. A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) desata grandes discrepancias entre populares e independentes e ata no seo de ambos partidos. O portavoz do Partido Independente de Nigrán, Avelino Fernández, mostrou onte o seu malestar polo "secuestro" do Plan Xeral por parte do alcalde, Alfredo Rodríguez, e o concelleiro de Urbanismo, o tamén independente Carlos Quintas, o pasado venres, día 9.
chuzame - Avelino Fernández sospeita que hai especuladores no municipio
1 Comment Published Decembro 18th, 2005 in
O líder do PINN cre que non informar do documento á corporación foi un erro político
A. Martínez | nigrán
O portavoz do Partido Independente de Nigrán, Avelino Fernández, cualificou onte como «un erro político» a decisión do alcalde de remitir o plan xeral á Xunta para o seu informe previo sen dalo a coñecer antes aos membros da corporación. O líder do grupo da dereita máis votado de Nigrán afirmou que este feito «foi unha desconsideración cara aos corporativos e especialmente cara a nós, que somos os seus socios de goberno».
Avelino Fernández tamén sospeita que hai persoas con intereses inmobiliarios que posúen información concreta de determinadas actuacións previstas no futuro plan xeral.
chuzame - 